CORO TRADICIONAL TIRAPUXA
O Coro Tradicional (folk) Tirapuxa está promovido e pertence a Asociación Cultural de Trasmañó, parroquia de 1000 habitantes do concello de Redondela.
Naceu o 15 de setembro de 2015 e ata o ano 2019 foi dirixido por Álvaro Costas. A finais do ano 2019 e principios do 2020 contamos coa presencia na dirección de Anais Babier, que non pudo seguir co seu traballo debido a temas profesionais.
Na actualidade contamos cun director que aporta ilusión, traballo e unha gran profesionalidade como é Eladio Barciela.
Está formado por un conxunto de 25 persoas entre voces e músicos de Redondela e Vigo, que interpretan cancións populares e tradicionais galegas, no seu afán de manter e cultivar as tradicions culturais e festivas do pobo galego.
Aquí vos deixamos unhas fotos das actuacións máis destacadas.
CANDEÁN-Vigo (marzo 2019)
REDONDELA-Casa da Torre (xullo 2016)
CHAPELA-Redondela (xuño 2016)
TRASMAÑÓ-Redondela (novembro 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario