5 feb 2016

SITUACIÓN centro cultural

NOTA INFORMATIVA mes NOVEMBRO  SITUACIÓN CENTRO

Fai xa 20 anos que naceu como asociación cultural, social, recreativa, deportiva e da terceira idade denomina CENTRO CULTURAL TRASMAÑO, como entidade sin ánimo de lucro para encargarse das actividades da parroquia. 

Se lle aportou un centro e máis unha cantina no momento da súa consitutución, e esta asociación era e é  a encargada total da xestión deste centro, habendo papeis que así o demostran. 

Así o determinaron fai 20 anos os membros da comunidade de montes de Trasmañó, que tamén foron membros da asociación cultural, pero por motivos extraños, de protagonisto ou de tocar os "co....s" a actual directiva da comunidade de montes de Trasmañó, reclama a propiedade, tomou posesión do centro e da cantina e trata de ocupas os membros da asociación e tamén unha e outra vez intentan desacreditar o seu traballo.

Non vamos abandoar o local onde estivemos toda a vida,  nin nos van a aburrir. Non nos vai a importar que unha e outra vez incumplan todos os acordos. Isto e como unha carreira de obstaculos xa de cinco anos, pero nalgún momento teremos que chegar a meta e para iso hai que seguir correndo

Grazas a todos os que nos apoiades e nos animades a seguir. 

Os demáis deciros que é de cobardes menospreciar ou criticar sin saber e quedamos a toda a vosa disposición para aclarar calquer aspecto que se precise. Igualmente invitamosvos a colaborar e participar na xestión deste asociación, xa que coa unión das persoas se consiguen cousas pero de maneira individual non se consigue nada. 

DO QUE MIRAS A METADE E DO QUE CHE CONTAN NADA 


 VALORA O QUE TES, E NON TE QUEIXES POR QUEIXARTE 

 SE FELIZ